O venres 24 fíxose en Vigo a presentación do selo adicado á Muiñeira á que asistía o Dtor. Territorial de Galicia, o Delegado del Goberno en Galicia, o Alcalde de Vigo e ex-ministro Abel Caballero, e unha Senadora.
Debido a que en Pontevedra estanse a realizar distintas acciones con outras OOSS, por parte de CGT consultouse ás mesmas, si estarían dispostas a facer algunha acción durante a presentación del acto, a o que con distintos argumentos contestouse que non, polo que non quedaba outra posibilidade que a acción en solitario de CGT.
Os que subiron ao púlpito de oradores foron o Dtor Territorial de Galicia, o Delegado do Goberno e o alcalde de Vigo. En canto indicouse que Abel ia a ser o ultimo e vendo que algún medio de comunicación facía o amago de recoller, impúxose o momento á oportunidade da acción.
Debido a que sabiamos que a acción ia a ser rapidamente cortada polos distintos elementos de Seguridade, as mensaxes foron altas, claras, e rápidas, polo que en menos de 1 minuto, berráronse varias consignas facendo relación a os contrastes de situacións que alí se observaban.
Mentres dentro do salón presentábase un selo exaltando o traxe galego, fora compañeiros, hoxe baixo a choiva no dispoñen de roupa de augas porque a empresa non llos da, mentres hoxe exaltase o baile, a compañeiros fáiselles bailar de postos de traballo, o se lles “recomenda” traballar más ala da xornada que teñen asignada. Correos esta a destruír emprego mentres non se cumpre a lei.......
Debido a que se nos impediu seguir falando a os asistentes xa que dous membros de Seguridade levaron ao Delegado de CGT en volandas cara á la rúa, fíxose unha alusión á liberdade de expresión dos representantes dos traballadores.
Posteriormente, toma de datos pola Policía Local.
Quedaron moitas cousas que dicir no tinteiro, pero tentámolo. Os caciques non poden vir a pavonearse e nos non facer nada.
Saúde e Liberdade